Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Santiago de Compostela AVANZANDO EN IGUALDADE.

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada co obxectivo de analizar algunhas actuacións que permiten avanzar en igualdade.

Esta xornada realízase conforme á proposta da Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva, adscrita organicamente ao Consello Galego de Relacións Laborais.

Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións como os criterios técnicos, as campañas e as instrucións en materia de igualdade realizados pola Inspección de traballo, as actuacións que leva a cabo o ISSGA en materia de prevención da saúde dende unha perspectiva de xénero ou as actuacións que deben facer as empresas para conseguir a cualificación de marca galega de excelencia en igualdade.

A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais e cunha finalidade de posta ao día respecto dun tema tan de actualidade como a igualdade de xénero nas relación laborais.

Data: 30 de outubro de 2013.

Lugar: Salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia - MUPEGA – r/ San Lázaro, nº 107. Santiago de Compostela.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 14 ao 28 de outubro de 2013, no seguinte enderezo:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es