O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle as modificacións introducidas polo Real decreto lexislativo 5/2013 en materia de xubilación, así como os efectos da reforma laboral un ano despois da súa entrada en vigor.
Cuestións como as modificacións en materia de xubilación que introduce o Rd lexislativo 5/2013 ou os efectos da reforma laboral que introduciu cambios moi significativos respecto á extinción de contratos e aos despedimentos colectivos serán analizadas e debatidas ao longo desta xornada.
A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Día: 23 de abril de 2013.
Lugar: Hotel Galicia Palace. Avda. de Vigo, 3. 36003 Pontevedra
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 11 ao 22 de abril, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
Rúa Alfonso X O Sabio, 3 1º
36211 Vigo
Tfno.: 986 200 918
Fax: 986 298 600
e-mail: cograsop@telefonica.net