Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Pontevedra sobre AS MEDIDAS URXENTES PARA A REFORMA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada que xorde cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.

Nesta xornada, logo da publicación do Real Decreto-lei 7/2011, do 10 de xuño, de medidas urxentes para a reformada negociación colectiva, analizarase e debaterase se esta é a reforma que precisabamos ou se foi demasiado lonxe na súa versión final.

Igualmente e da man de expertos nas relacións laborais analizarase nesta xornada se esta é unha reforma necesaria, se se mellorará a articulación dos convenios ou se introduce realmente parámetros de flexibilidade.

Estas e outras cuestións serán analizadas no transcurso desta xornada que, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, nace cunha vocación de utilidade pública nunha temática do maior interese para o futuro.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, avogados/as, profesionais vencellados coa materia e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Lugar: Hotel Husa Galicia Palace. Avenida de Vigo, número 3 - Pontevedra.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 17 ao 28 de xuño de 2011, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
r/ Alfonso X O Sabio, 3 – 1º
36211 Vigo
Tfno. 986 200 918
Fax 986 298 600
e-mail: cograsop@telefonica.net