O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle algunhas das cuestións mais novedosas e polémicas que a legislación laboral ven de modificar coa máis recente serie de cambios que a mesma ven de atravesar nestos últimos anos.
Cuestións como a nova modalidade de contrato que o artigo 4 da Lei 3/2012 introduce, cunha regulación dun polémico período de proba, ou a regulación da inaplicación na empresa dos convenios colectivos aplicables, e moitas outras, serán tratadas de xeito práctico, realista e exhaustivo por distintos expertos en diversos aspectos do eido laboral.
Esta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais, e que está organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Día: 26 de marzo de 2014.
Lugar: Liceo Casino de Pontevedra, Rúa Manuel Quiroga, 21. 36002 Pontevedra
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 13 ao 25 de marzo, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra
Rúa Alfonso X O Sabio, 3 1º
36211 Vigo
Tfno.: 986 200 918
Fax: 986 298 600
e-mail: cograsop@telefonica.net