Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Ourense sobre ÚLTIMOS CAMBIOS EN CONTRATACIÓN E COTIZACIÓN

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle as últimas modificacións en materia de cotización á Seguridade Social, así como os cambios introducidos nos contratos a tempo parcial.

Cuestións como as modificacións en materia de cotización á Seguridade Social e os cambios introducidos que afectan á contratación a tempo parcial serán analizadas e debatidas ao longo desta xornada.

A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Día: 26 de marzo de 2014.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito. Campus As Lagoas. Ourense

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 12 ao 25 de marzo, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa José Bugallal y Marchesí, A5-1º
15008 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org