O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada que xorde cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.
Nesta xornada analizaranse e debateranse os efectos que se producirán sobre o sistema de seguridade social logo do acordo acadado para a súa reforma, no que se incidirá en aspectos como a idade de xubilación, o período de cómputo para o cálculo da prestación ou a cotización das persoas mozas entre outros moitos aspectos.
Igualmente e da man de expertos nas relacións laborais analizarase nesta xornada a reforma da negociación colectiva e se esta suporá un desenvolvemento ou unha restrición da recente reforma laboral.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, avogados/as, profesionais vencellados coa materia e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural Novacaxagalicia Rúa Juan XXIII, núm. 31 soto - Ourense
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 12 ao 27 de maio de 2011, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
r/ José Bugallal y Marchesí, A 5-1º. A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org