O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle as últimas modificacións en materia de cotización á Seguridade Social, así como os cambios introducidos nos contratos a tempo parcial.
Cuestións como a introdución de novas modalidades de contratos de traballo, a regulación dda inaplicación na empresa dos convenios colectivos de aplicación, a ultraactividade dos mesmos, ou o avance da temporalidade no emprego serán obxecto de análise e debate ao longo desta xornada.
A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.
Esta xornada, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais, a Facultade de Dereito de Ourense e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Día: 12 de marzo de 2015.
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito. Campus As Lagoas. Ourense
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 25 de febreiro ao 10 de marzo, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa José Bugallal y Marchesí, A5-1º
15008 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org
Facultade de Dereito de Ourense
Edificio de Facultades, 4º andar, Campus As Lagoas
32004 Ourense
Tfno. 988 368 700
e-mail: mfprieto@uvigo.es