O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle as últimas modificacións en materia de xubilación na Seguridade Social, así como os cambios introducidos pola reforma laboral un ano despois da súa entrada en vigor.
Cuestións como as modificacións en materia de xubilación que introduce o Rd lexislativo 5/2013 ou os efectos da reforma laboral que producíu cambios moi significativos respecto á contratación, a flexibilidade e aos despedimentos serán analizadas e debatidas ao longo desta xornada.
A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais, a Escola Universitaria de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos desta escola e, en xeral, do campus universitario de Lugo, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Día: 7 de de maio de 2013
Lugar: Salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 22 de abril ao 6 de maio de 2013, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Complexo docente do campus de Lugo
Avda. Filarmónica Lucense
Tfno.: 982 824 800
Fax: 982 285 860
e-mail: mercedes.montes@usc.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo
Praza de Alicante, 13 Entrechán
27004 Lugo
Tfno.: 982 211 503
Fax: 982 812 502
e-mail: graduadoslugo@yahoo.es