O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle a recente reforma laboral.
Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións como a pretendida contribución desta reforma á redución do desemprego, á mellora da produtividade e a corrixir a dualidade do mercado laboral ou se esta será un elemento decisivo na recuperación da nosa economía, estas e outras moitas cuestións serán abordadas por parte de representantes dos que van ser elementos capitais na súa aplicación: os axentes sociais, a doutrina, a xudicatura e a inspección de traballo.
Non cabe dúbida que a reforma do mercado de traballo condicionará dun xeito moi notable o devir das relacións laborais dos vindeiros anos polo que cómpre que sexa analizada con detalle.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais, a Escola Universitaria de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, ás alumnas e alumnos desta escola e, en xeral, do campus universitario de Lugo, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Lugar: Salón de actos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 29 de febrero ao 8 de marzo de 2012, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Escola Universitaria de Relacións Laborais
Complexo docente do campus de Lugo
Avda. Filarmónica Lucense
Tfno.: 982 824 800
Fax: 982 285 860
e-mail: mercedes.montes@usc.es
Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo
Praza de Alicante, 13 Entrechán
27004 Lugo
Tfno.: 982 211 503
Fax: 982 812 502
e-mail: graduadoslugo@yahoo.es