O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle a recente reforma laboral.
Nesta xornada analizaranse e debateranse cuestións como a pretendida contribución desta reforma á reducción do desemprego, á mellora da produtividade e a corrixir a dualidade do mercado laboral ou se esta será un elemento decisivo na recuperación da nosa economía, estas e outras moitas cuestións serán abordadas por parte de representantes dos que van ser elementos capitais na súa aplicación: os axentes sociais, a doutrina, a xudicatura e a inspección de traballo.
Non cabe dúbida que a reforma do mercado de traballo condicionará dun xeito moi notable o devir das relacións laborais dos vindeiros anos polo que cómpre que sexa analizada con detalle.
Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, diríxese ás alumnas e alumnos desta Facultade sita en Ferrol e, en xeral, da UDC, aos axentes sociais galegos, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, graduados/as sociais e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.
Lugar: Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo (campus Esteiro, r/ San Román s/n Ferrol)
Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.
Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 8 ao 16 de novembro de 2010, nos seguintes enderezos:
Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
Facultade de Ciencias do Traballo da UDC
Campus Esteiro
r/ San Román s/n - Ferrol
Tfno.: 981 337 400. Ext. 3577
Fax: 981 337 422
e-mail: sdrellab@cdf.udc.es