Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en Ferrol o vindeiro 18 de novembro sobre “A protección das pensións de xubilación: perspectivas actuais e de futuro”

O vindeiro 18 de novembro, a partir das 9.45 h, terá lugar unha xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais, en colaboración coa Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña e o Colexio de graduadas e graduados sociais da Coruña e Ourense, titulada “A protección das pensións de xubilación: perspectivas actuais e de futuro”. Pódese consultar a información máis relevante sobre esta xornada na seguinte ligazón.