Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Xornada en A Coruña sobre AS ÚLTIMAS MUDAS LABORAIS E DE SEGURIDADE SOCIAL

O Consello Galego de Relacións Laborais, no desenvolvemento da súa función de promover e fomentar o debate sobre cuestións de actualidade, acordou a celebración desta xornada na que se analizará con detalle as últimas modificacións en materia de xubilación na Seguridade Social, así como os cambios introducidos pola reforma laboral un ano despois da súa entrada en vigor.

Cuestións como as modificacións en materia de xubilación que introduce o Rd lexislativo 5/2013 ou os efectos da reforma laboral que producíu cambios moi significativos respecto ao despedimentos por causas obxectivas e os problemas prácticos na xurisprudencia vencellados á reforma laboral serán analizadas e debatidas ao longo desta xornada.

A estas e a outras cuestións tratarán de dar resposta as persoas que interveñen nesta xornada, que nace cunha vocación de utilidade pública, de formación, difusión e debate neste sempre cambiante mundo das relacións laborais.

Esta xornada organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense diríxese aos axentes sociais galegos, aos graduados/as sociais, aos profesionais vencellados coa materia, avogados/as, e a todas aquelas persoas interesadas na materia a debate.

Día: Venres, 10 de maio.

Lugar: Hotel Attica21. Rúa Enrique Mariñas, 34 – A Coruña.

Número de prazas: prazas limitadas ata completar o aforo.

Inscricións: Faranse por orde de solicitude ata completar o aforo, en horas de 8:30 a 14:30, dende o 29 de abril ao 8 de maio de 2013, nos seguintes enderezos:

Consello Galego de Relacións Laborais.
r/ Algalia de Abaixo, 24 – Santiago de Compostela
Tfno.: 981 957 489
Fax: 981 541 610
e-mail: maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense
Rúa José Bugallal y Marchesí, A5-1º
15008 A Coruña
Tfno.: 981 151 876
Fax: 981 234 404
e-mail: colegio@graduadossociales.org