O pasado luns, 25 de marzo, na sala de xuntas do Consello Galego de Relacións Laborais tivo lugar o acto de sinatura da modificación do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo (AGA). Ao citado acto, presidido polo presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, asistiron a Conselleira de Traballo e Benestar, o director xeral de Traballo e Economía Social, o presidente da CEG e os secretarios xerais dos sindicatos UGT-Galicia, SN de CCOO de Galicia e CIG.
Sendo o AGA un acordo interprofesional pioneiro no conxunto do Estado a súa comisión paritaria acordou adaptalo ás sucesivas modificacións lexislativas dos últimos anos que amosaron a apertura legal expresa de novos eidos ao emprego dos sistemas de solución extraxudicial de conflitos no traballo.
As organización sindicais e empresarial galegas asumen unha vez máis a iniciativa e a responsabilidade de dotar a Galicia e ao noso sistema de relacións laborais dun reformado acordo de solución extraxudicial de conflitos no traballo, mellorado e modernizado, e procederon á súa sinatura como un elemento clave de autocomposición dos conflitos colectivos de traballo nas relación laborais galegas por parte das organizacións sindicais e empresarial.