O Consello Galego de Relacións Laborais ven de poñer en marcha un servizo de tradución de Convenios Colectivos castelán-galego. O servizo diríxese ás persoas negociadoras de convenios colectivos tanto de ámbito sectorial como de empresa e trata de facilitar a sinatura de convenios colectivos. Para o emprego deste servizo basta con dirixir un correo electrónico á dirección info.cgrl@xunta.es unha solicitude das dúas partes asinantes do convenio así como o texto a traducir, e se desenvolverá á maior brevidade.