Este seminario foi aprobado polo Pleno do Consello na súa planificación de actividades para o 2013, co obxectivo de facilitar ás persoas participantes o coñecemento de ferramentas útiles e dotalas das técnicas e as estratexias necesarias para promover unha negociación eficaz na mediación de conflitos laborais.
A relatora neste Seminario será Thelma Butts Griggs quen dedica o seu traballo ao ámbito da resolución de conflitos. É Juris Doctor, licenciada en dereito da Ohio State University, onde tamén recibiu a condecoración de honra suma cum laude polos seus estudos en relacións internacionais e ciencias políticas. Na actualidade colabora con universidades, colexios de avogados, colexios de graduados sociais, colexios de psicólogos, asociacións e organismos públicos no deseño de programas, na docencia sobre resolución de conflitos e no entrenamento de mediadores.