Os días 23 e 24 de setembro tivo lugar en Brión un seminario para cadros sindicais e empresariais sobre Técnicas de negociación avanzada e eficaz.
Este seminario foi aprobado polo Pleno do Consello na súa planificación de actividades para o 2010, co obxectivo de facilitar ás persoas participantes o coñecemento de ferramentas útiles e dotalas das técnicas e as estratexias necesarias para promover unha negociación eficaz no ámbito das relacións laborais.
Foi relator Agustín López-Boado Rey, quen é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Práctica Xurídica polo Colexio de Avogados de Lugo e diplomado en Alta Dirección de Empresas polo IE Business School.
Despois de exercer a Avogacía durante varios anos, en 1989 incorpórase a Endesa-As Pontes como Xefe de Relacións Laborais. Con máis de 20 anos vinculado a Endesa desenvolvendo diversas responsabilidades no ámbito de relacións laborais e recursos humanos, actualmente é o Director de Políticas e Reporting de Recursos Humanos de Endesa.