Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

SEMINARIO DE CADROS SINDICAIS E EMPRESARIAIS

Os días 22 e 23 de abril tivo lugar na Toxa un seminario para cadros sindicais e empresariais sobre “Técnicas de mediación en conflitos individuais”.

Este seminario foi aprobado polo Pleno do Consello na súa planificación de actividades para o 2010, co obxectivo de facilitar ás persoas participantes o coñecemento de ferramentas útiles e dotalas das técnicas e as estratexias necesarias para promover unha negociación eficaz na mediación.

Foi relatora Thelma Butts Griggs quen dedica o seu traballo ao ámbito da resolución de conflitos. É Juris Doctor, licenciada en dereito da Ohio State University, onde tamén recibiu a condecoración de honra suma cum laude polos seus estudos en relacións internacionais e ciencias políticas. Na actualidade colabora con universidades, colexios de avogados, colexios de graduados sociais, colexios de psicólogos, asociacións e organismos públicos no deseño de programas, na docencia sobre resolución de conflitos e no entrenamento de mediadores.