Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Segue a incrementarse a intervención do Consello Galego de Relacións Laborais na solución extraxudicial de conflitos.

O AGA aumentou as mediacións e arbitraxes no que vai de ano 2009. Así, os 57 procedementos presentados ata o de agora supoñen un incremento dun 12,3% con respecto á mesma data do ano 2008.
Atendendo aos traballadores afectados polos citados procedementos, o incremento resulta aínda máis notorio, dado que o número de traballadores afectados pola intervención do Consello Galego de Relacións Laborais no que vai de ano 2009 ascende a 56.390, o que supón un incremento dun 76% con respecto a mesma data do pasado ano.