Partindo da importancia da negociación colectiva como elemento esencial das relacións laborais e da existencia de canles axeitados que faciliten a correcta interpretación e aplicación do acordado, así como o papel que estes canles poden ter na previa evitación dun conflito, o observatorio da negociación colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais, na súa reunión do día 5 de xullo, acordou formular a seguinte recomendación á hora de regular as comisións paritarias nos textos convencionais, así como unha cláusula tipo de sometemento ao AGA, dirixidas ás comisións negociadoras dos convenios colectivos.