Hoxe, 3 de outubro, tivo lugar a 3ª xornada técnica de encontro entre o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Xeral do Poder Xudicial. A xornada adicouse a diversos aspectos da aplicación xudicial da Reforma Laboral, e dirixiuse a maxistrados e xuíces do social, membros dos gabinetes xurídicos e empresariais e membros do Pleno do CGRL, e forma parte da planificación formativa do CGPJ.