Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Primeira xuntanza telemática do pleno do Consello Galego de Relacións Laborais

O Pleno do Consello, integrado por representantes das organizacións sindicais CIG, UGT-Galicia e SN de CCOO de Galicia e da empresarial CEG, procedentes das catro provincias galegas, realiza a súa primeira xuntanza telemática para prestar aprobación á planificación de actividades a levar a cabo nos vindeiros meses.

Entre as actuacións que se porán en marcha desde o Consello destacan a organización de cursos formativos en mediación laboral ODR (Online Dispute Resolution) para as persoas que exercen a mediación e a arbitraxe ao abeiro do AGA (Acordo interprofesional galego sobre procedementos de solución extraxudicial de conflitos de traballo); a realización da I edición do curso formativo en negociación laboral, colectiva e individual en colaboración coa Universidade da Coruña (setembro-novembro 2020) e da III edición deste mesmo curso coa Universidade de Vigo (setembro-novembro 2020), así como a publicación do seguinte número da Revista Galega de Dereito Social para o mes de xullo http://www.revistagalegadedereitosocial.gal/index.php/RGDS

Imaxe do pleno do ConselloEl Pleno del Consello, integrado por representantes de las organizaciones sindicales CIG, UGT-Galicia y SN de CCOO de Galicia y de la empresarial CEG, procedentes de las cuatro provincias gallegas, realiza su primera reunión telemática para prestar aprobación a la planificación de actividades a llevar a cabo en los próximos meses.

Entre las actuaciones que se pondrán en marcha desde el Consello destacan la organización de cursos formativos en mediación laboral ODR ( Online Dispute Resolution) para las personas que ejercen la mediación y el arbitraje al amparo del  AGA (Acuerdo interprofesional gallego sobre procedimientos de solución extrajudicial de conflictos de trabajo); la realización de la I edición del curso formativo en negociación laboral, colectiva e individual en colaboración con la Universidad de A Coruña (septiembre-noviembre 2020) y de la III edición de este mismo curso con la Universidad de Vigo (septiembre-noviembre 2020), así como la publicación del número 10 de la Revista Gallega de Derecho Social para el mes de julio http://www.revistagalegadedereitosocial.gal/index.php/RGDS

Imagen del pleno del Consello