O próximo lúns, 13 de outubro, terá lugar na cidade bimilenaria de Lugo unha xuntanza extraordinaria do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais. O Pleno prestará aprobación, se procede, ao novo Regulamento de Organización e Funcionamento interno do organismo e darase conta dun informe de situación da negociación colectiva no que vai de ano, entre outros asuntos.