O pasado 26 de maio levouse a cabo a primeira mediación laboral dun conflito colectivo ao abeiro do AGA a través dunha plataforma telemática, co que se abre unha nova etapa para o organismo e para o seu procedemento de solución extraxudicial de conflitos de traballo (AGA). Ante a situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19, o Consello Galego de Relacións Laborais xestionou o pasado martes, 26 de maio, a súa primeira mediación laboral dun conflito colectivo ao abeiro do AGA a través dunha plataforma telemática e abre deste xeito unha nova etapa para o organismo e para o seu procedemento de solución extraxudicial de conflitos de traballo (AGA).
Nesta primeira mediación telemática acompañaron á mediadora Teresa Díaz López, a secretaria xeral do Consello, Marisa Peña Cebreiro e o xefe do Servizo de Xestión de Convenios, Celso Araújo Castro, que lle prestaron o apoio técnico necesario.
A incorporación das ferramentas telemáticas aos procesos negociais é unha das propostas formuladas desde o Consello Galego de Relacións Laborais na procura da reactivación das relacións laborais durante e despois da situación de confinamento pola crise sanitaria. Deste xeito, está prevista a extensión da experiencia desta primeira mediación laboral a distancia a outras solicitudes de mediación xa en tramitación, nas que se aplicará este formato completamente en liña na medida que as partes en conflito o acorden expresamente e dispoñan do equipamento informático necesario.
Desde o Consello desexamos agradecer a colaboración da Fundación SIMA, Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe no ámbito do Estado, pola súa contribución á posta en funcionamento desta iniciativa a través das súas accións formativas dirixidas aos diferentes sistemas de solución extraxudicial de conflitos, así como á organización ODR Latinoamérica, encargada da formación e cesión da plataforma tecnolóxica.
Imaxe da mediación telemáticaAnte la situación de emergencia sanitaria derivada de la COVID-19, el Consello Galego de Relacións Laborais gestionó el pasado martes, 26 de mayo, su primera mediación laboral de un conflicto colectivo al amparo del AGA a través de una plataforma telemática y abre de este modo una nueva etapa para el organismo y para su procedimiento de solución extrajudicial de conflictos de trabajo (AGA).
En esta primera mediación telemática acompañaron a la mediadora Teresa Díaz López, la secretaria general del Consello, Marisa Peña Cebreiro y el jefe del Servicio de Gestión de Convenios, Celso Araújo Castro, que le prestaron el apoyo técnico necesario.
La incorporación de las herramientas telemáticas a los procesos negociales es una de las propuestas formuladas desde el Consello Galego de Relacións Laborais en la búsqueda de la reactivación de las relaciones laborales durante y después de la situación de confinamiento por la crisis sanitaria. De este modo, está prevista la extensión de la experiencia de esta primera mediación laboral a distancia a otras solicitudes de mediación ya en tramitación, en las que se aplicará este formato completamente en línea en la medida que las partes en conflicto lo acuerden expresamente y dispongan del equipamiento informático necesario.
Desde el Consello deseamos agradecer la colaboración de la Fundación SIMA, Servicio Interconfederal de Mediación y Arbitraje en el ámbito del Estado, por su contribución a la puesta en funcionamiento de esta iniciativa a través de sus acciones formativas dirigidas a los diferentes sistemas de solución extrajudicial de conflictos, así como a la organización ODR Latinoamérica, encargada de la formación y cesión de la plataforma tecnológica.