Onte, 26 de marzo, tivo lugar en Pontevedra a última das catro xornadas realizadas nas capitais das catro provincias galegas, e organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais en colaboración co Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, a Facultade de Dereito de Ourense e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.
Estas catro xornadas, celebradas ao longo das últimas semanas, contaron coa asistencia e participación de case 350 asistentes, e tiveron como eixo temático o estudo e análise de diversas cuestións laborais que, pola sua novidade, os seus efectos e o seu impacto nas relacións laborais galegas, e maila sociedade en xeral, están a provocar un profundo debate social, debate para o cal as distintas aportacións de de persoas especializadas no análise das súas consecuencias, vidos dos máis diversos ámbitos, sobranceiramente as Universidades, a Xudicatura ou a Inspección de Traballo e Seguridade Social, resultan máis oportunas e esclarecedoras que nunca.
Cuestións como os cambios na ultraactividade dos convenios colectivos, a regulación da inaplicabilidade na empresa, o papel da intervención da Inspección de Traballo, os períodos de Consultas do ERE, entre moitos outros, puideron ser debatidos e analizados polo miúdo, contribuíndo a profundizar nas luces e nas sombras ainda existentes no ámbito da negociación colectiva galega e o mercado laboral.
Ao longo das próximas semanas irase facilitando máis información respecto das próximas actividades do Consello Galego de Relacións Laborais, a traves das cais, e e forma de xornadas, cursos e seminarios, éste desenvolve a súa labor divulgativa.