Onte, 26 de marzo, tivo lugar en Pontevedra a última das catro xornadas realizadas nas capitais das catro provincias galegas, e organizadas polo Consello Galego de Relacións Laborais en colaboración co Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, a Facultade de Dereito de Ourense e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra.
Estas catro xornadas, celebradas ao longo das últimas semanas, contaron coa asistencia e participación de case 350 asistentes, e tiveron como eixo temático o estudo e análise de diversas cuestións laborais que, pola sua novidade, os seus efectos e o seu impacto nas relacións laborais galegas, e maila sociedade en xeral, están a provocar un profundo debate social, debate para o cal as distintas aportacións de de persoas especializadas no análise das súas consecuencias, vidos dos máis diversos ámbitos, sobranceiramente as Universidades, a Xudicatura ou a Inspección de Traballo e Seguridade Social, resultan máis oportunas e esclarecedoras que nunca.