Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

O CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS CELEBROU OS 20 ANOS DE CREACIÓN DO ORGANISMO

O pasado 22 de decembro o Consello Galego de Relacións Laborais celebrou os 20 anos de creación do organismo cun acto conmemorativo no Hotel San Francisco de Santiago de Compostela.
Este acto contou coa presencia do conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia, así como do presidente da CEG e dos secretarios xerais de UGT-Galicia, CIG e S.N. de CC.OO. de Galicia. Asistiron, ademáis, membros e ex-membros do Pleno de Consello, as persoas que estiveron e que están actualmente a cargo da presidencia e da secretaría xeral do organismo, representantes das organizacións que integran o Consello, altos cargos da Consellería de Traballo e o persoal do organismo.
Durante o acto proxectouse un video cos momentos máis importantes na vida deste organismo.