Rematou o ano 2014, e fíxoo cun acusado incremento do número de solicitudes de mediación e arbitraxe ao abeiro do AGA. Respecto ao ano 2013, obsérvase un incremento dun 12% nos expedientes presentados no servizo de solución extraxudicial de conflitos colectivos. Destaca tamén de xeito moi positivo a redución nun 10% do número de expedientes que foron rexeitados por unha das partes con respecto ao ano pasado.