Este boletín é unha nova iniciativa do Consello Galego de Relacións Laborais, coa que pretende poñer ao dispor dos participantes no mercado laboral unha ferramenta para o coñecemento máis axeitado do noso contorno. O boletín, que ven completar ao boletín que o Consello dedica á negociación colectiva desde o ano 2009, e que conta cunha grande aceptación entre os seus destinatarios, manterá tamén unha periodicidade trimestral, e condensará os datos máis significativos que inciden na situación sociolaboral, tales como a poboación, PIB, paro rexistrado, contratos celebrados, afiliación á Seguridade Social, sinistralidade, etc.