Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Nova regulación do Consello Galego de Relacións Laborais

O pasado 11 de xuño de 2008, publicouse no DOG a Lei 5/2008 de 23 de Maio reguladora do Consello Galego de Relacións Laborais. Esta norma resposta a unha demanda histórica dos axentes sociais galegos.

Coa entrada en vigor o 1 de xullo de 2008 da nova Lei reguladora do Consello de Relacións Laborais, este configúrase como ente público de carácter independente con autonomía e investido de personalidade xurídica e capacidade de obrar para acadar os fins que ten encomendados.Trátase de potenciar e dar axilidade e autonomía de funcionamento a un organismo propiedade e propio das organizacións empresariais e sindicais máis representativas de Galicia. Coincidindo co XX aniversario da creación do Consello de Relacións Laborais, a nova Lei supón un pulo importante para acadar maiores cotas de participación e autoregulación da negociación colectiva a das Relacións Laborais galegas