Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

NOTA INFORMATIVA: REXISTRO TELEMÁTICO DE CONVENIOS COLECTIVOS

De conformidade co disposto no RD 713/2010 de 28 de maio e a orde de 29 de outubro de 2010, desde o 1 de outubro de 2010 os trámites de rexistro e depósito dos convenios colectivos tan só se poderán facer por medios telemáticos. Estes trámites seguirán as seguintes pautas:

• Prazo de presentación: 15 días dende a sinatura do convenio colectivo.
• Lugar de presentación: na dirección http://traballoebenestar.xunta.es dentro da páxina, premer no enlace regcon
• Modo de presentación: a comisión negociadora designará en acta a unha persoa quen deberá ter sinatura electrónica ou dni electrónico, que será quen fará os trámites na dirección web antes indicada.
• Instrucións de cumprimentación: ao presentar a solicitude, deberán cumprimentarse na aplicación informática as follas estatísticas conforme ao modelo previsto no anexo II do RD 713/2010 (pódese consultar na páxina web deste Consello http://cgrl.xunta.es/g_normativa.html)
• Documentación necesaria: a solicitude de inscrición, rexistro e depósito deberá acompañarse da seguinte documentación en soporte electrónico:
o Texto orixinal do convenio asinado polos compoñentes da comisión negociadora.
o Actas das distintas xuntanzas negociadoras incluíndo as de constitución e sinatura do convenio, con expresión das partes que os subscriben e da persoa na que se delegan os trámites de rexistro e depósito.
• Axuda na tramitación: no caso dos convenios colectivos sectoriais, o Consello Galego de Relacións Laborais ofrécese ás distintas comisións negociadoras para facer os trámites de rexistro e depósito, debendo figurar na acta de sinatura que se delega para estes trámites nunha das persoas autorizadas polo Consello para tal fin.