Notas sobre as responsabilidades penal e administrativa derivadas dos sinistros sufridos por traballadores en misión
A responsabilidade pública, penal e administrativa, constitúe un magnífico lugar para observar a dimensión final das obrigas en materia de prevención de riscos laborais que a lei fai pesar sobre empresas de traballo temporal e empresas usuarias. Acaecido o sinistro dun traballador en misión, o criterio xudicial ou administrativo ao delimitar a imputación dunha pena ou sanción (cando houber lugar a estas) serve para aquilatar a concreta distribución dos distintos deberes; para mostrar, ao tempo, como a realidade se encarga de unir canto a norma presenta con aparente separación.
Autor
Juan José Fernández Domínguez
Palabras chave
Traballadores cedidos por empresas de traballo temporal
Accidente de traballo
Seguridade e saúde laboral
Responsabilidade penal e administrativa