A obra apuntada aborda unha materia de gran interese e escaso tratamento por parte da doutrina: a orixe, desenvolvemento e resultados do diálogo social e a negociación colectiva europea a nivel sectorial. O libro iníciase cun estudo do contexto da negociación colectiva e do diálogo social europeos, con especial énfase nestes dous conceptos e nas dificultades en punto á configuración da negociación colectiva como dereito, para proseguir co relato da construción histórica do diálogo social e da negociación colectiva na Unión Europea. O autor tamén aborda o estudo do marco legal da negociación colectiva europea, centrando a súa atención na análise das dúas vías existentes para a aplicación dos acordos alcanzados polos interlocutores sociais: a aplicación a través de directivas e a aplicación autónoma dos acordos. García-Muñoz estuda resultados da negociación colectiva europea de sector, a través dunha análise cuantitativa pero tamén cualitativo e centra a súa atención na a análise do contido e o impacto dos acordos da negociación colectiva europea de sector en forma de acordos autónomos.
Recensión: "La negociación colectiva europea de sector"
Autor
Helena Ysàs Molinero
Palabras chave
Dereito Social Europeo
Negociación colectiva europea de sector
Diálogo social europeo