Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

08-A MATERIA PENDENTE DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE: A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL COMO PRINCIPAL OBSTÁCULO Á PROMOCIÓN PROFESIONAL EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE

Enviado o Lun, 25/09/2023 - 14:50
A MATERIA PENDENTE DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE: A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL COMO PRINCIPAL OBSTÁCULO Á PROMOCIÓN PROFESIONAL EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE

Este traballo ten por obxecto examinar as políticas lexislativas postas en marcha para promover a igualdade de trato entre homes e mulleres, e a conciliación das responsabilidades familiares e laborais dos traballadores. Con iso preténdese demostrar que a conciliación é hoxe o principal obstáculo para a consecución da igualdade real e efectiva na promoción profesional das mulleres; e tamén que o modo en que o lexislador afrontou o tratamento da conciliación contribuíu, precisamente, a consolidar a discriminación que sofre a muller na súa promoción profesional. A política lexislativa de conciliación orientouse sempre á corresponsabilidade, pero esta non neutraliza os efectos negativos que a asunción de responsabilidades familiares ten na promoción profesional. Simplemente estende ese risco aos homes que a asumen. Ademais, a conciliación tratouse sempre como unha cuestión de discriminación por razón de sexo, o que, en realidade, ratifica a idea de que as responsabilidades familiares corresponden ás mulleres. Doutra parte, as reservas e preferencias nos ascensos formúlanse atendendo só ao sexo, o que relega dobremente ás mulleres que decidiron conciliar a súa vida laboral e familiar. 

Autor
María Antonia Castro Argüelles, Paz Menéndez Sebastián
29-83
Palabras chave
Accidente Laboral
Indemnización