Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

INFORME SOBRE A SITUACIÓN DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA 2011

O Consello Galego de Relacións Laborais que ten, entre as súas funcións, a de fomentar e ampliar a negociación colectiva, impulsando unha axeitada estrutura desta e prestando apoio técnico ás mesas de negociación, así como, fomentar a apertura de procesos negociadores, publica hoxe o informe sobre a Situación da negociación colectiva en Galicia a 31.12.2011.

O Informe sobre a situación da negociación colectiva en Galicia 2011 complétase ao longo do ano con sucesivos e periódicos boletíns de negociación colectiva, que se constitúen en documentos próximos, certeiros e obxectivos, ambos os dous son traballos únicos en Galicia, imprescindibles para un coñecemento en profundidade da materia e tecnicamente moi profundos.

O Consello Galego de Relacións Laborais cumpre un ano máis coa obriga de presentar dun xeito obxectivo e rigoroso a análise dos convenios colectivos galegos, do seu contido, da súa estrutura e das súas notas definitorias, e hoxe fai público o único informe que se elabora en Galicia sobre a situación da negociación colectiva galega, que neste caso corresponde ao ano 2011