Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Informe sobre a Situación da negociación colectiva en Galicia 2009

O Consello Galego de Relacións Laborais ten, entre as súas funcións, a de fomentar e ampliar a negociación colectiva, impulsando unha axeitada estrutura desta e prestando apoio técnico ás mesas de negociación, así como, fomentar a apertura de procesos negociadores.

Ademais desta tarefa de impulso da negociación colectiva o Consello elabora de xeito anual un informe sobre a situación da negociación colectiva en Galicia que é unha foto fixa da situación na que se atopan os convenios colectivos en Galicia a finais de cada ano.

Este informe sobre a Situación da negociación colectiva en Galicia 2009 elaborado polo persoal do CGRL, recolle a negociación colectiva estatutaria, de eficacia xeral; os pactos extraestatutarios; os acordos reguladores para persoal funcionario e os pactos de tipo mixto que regulan ao persoal que presta servizos nas distintas administracións públicas.