O Pleno do Consello de Relacións Laborais acordou, segundo o procedemento previsto na Lei 5/2008, do 23 de maio (DOG do 11 de xuño de 2008), pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, impulsar a celebración dun Curso Superior de Relacións Laborais co obxecto de afondar e promover as actividades docentes directamente relacionadas co mundo laboral e a formación e a especialización de profesionais nesta materia, e para isto solicitar á Universidade de Santiago de Compostela a súa colaboración para o referido Curso.
O Curso diríxese ás persoas licenciadas en Ciencias Económicas, Empresariais e Dereito; ás diplomadas en Relacións Laborais; a cadros das organizacións empresariais e sindicais; e a quen desempeñe tarefas de xestión de recursos humanos, se ben poderase autorizar a asistencia doutras persoas con titulación nas que concorra unha especial vinculación co ámbito obxecto do Curso.
Encoméndase a dirección do CURSO SUPERIOR DE RELACIÓNS LABORAIS a don Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
O Curso celebrarase do 15 de xaneiro ao 15 de xullo de 2016. Lémbrase ás persoas interesadas que o prazo de inscrición remata o 14 de xaneiro de 2016.
Para un óptimo aproveitamento das ensinanzas a impartir establécese un límite de 75 alumnos.
Para más información, podedes consultar o folleto que se achega, ou contactar co Consello Galego de Relacións Laborais, atraves das seguintes vías:
Teléfono 981 957 489
correo electrónico: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.es