Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS EN MATERIA DE IGUALDADE PARA A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, reunido en sesión ordinaria o día 9 de setembro de 2011, acordou por unanimidade das organizacións nel representadas (CEG, UGT-Galicia, CIG e SN de CCOO de Galicia), formular a seguinte guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva.

Considerando que a negociación colectiva é o espazo natural do exercicio da autonomía colectiva das organizacións empresariais e sindicais e o ámbito apropiado para facilitar a capacidade de adaptación das empresas, fixar as condicións de traballo e os modelos que permitan mellorar a produtividade, crear máis riqueza, aumentar o emprego e mellorar a súa calidade, así como establecer condicións de traballo que fagan compatible a corresponsabilidade e a conciliación laboral, persoal e familiar.

Estas pautas e recomendacións teñen por finalidade servir de instrumento de información ás comisións negociadoras dos convenios colectivos co fin de ofrecer unhas orientacións que contribúan a mellorar os contidos e a calidade da negociación colectiva, así como contribuír á efectiva aplicación do principio de igualdade de trato e de oportunidades na regulación do acceso e das condicións de traballo das persoas traballadoras.