Continuando co labor de difusión da información sobre negociación colectiva, o Consello Galego de Relacións Laborais publica o Boletín de negociación colectiva núm. 8. Este Boletín recolle os datos estatísticos sobre a negociación colectiva a 15 de xuño de 2011.
A creación e posta en marcha destes Boletíns foi acordada polo Observatorio de Negociación Colectiva, que ten entre as súas funcións o estudo e impulso da negociación colectiva, así como a elaboración de propostas de mellora desta.
Coa súa publicación o Consello Galego de Relacións Laborais pretende que en Galicia podamos dispoñer dun instrumento de información áxil e próximo da nosa realidade negocial.