Continuando co labor de difusión da información sobre negociación colectiva, o Consello Galego de Relacións Laborais vén de publicar o Boletín de negociación colectiva núm. 14. Este Boletín recolle os datos estadísticos sobre a negociación colectiva a 30 de xuño de 2012.
Coa publicación destes Boletíns periódicos que se constitúen como datos máis inmediatos, atinados e obxectivos e dun gran valor técnico se completa a información sobre negociación colectiva que anualmente publica o Consello.
A creación e posta en marcha destes Boletíns foi acordada polo Observatorio de Negociación Colectiva, que ten entre as súas funcións o estudo e impulso da negociación colectiva, así como a elaboración de propostas de mellora desta.
Coa súa publicación o Consello Galego de Relacións Laborais pretende que en Galicia podamos dispoñer dun instrumento de información áxil e próximo da nosa realidade negocial.