Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

BOLETÍN DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA Nº 11 - DECEMBRO 2011

Continuando co labor de difusión da información sobre negociación colectiva, o Consello Galego de Relacións Laborais publica o Boletín de negociación colectiva núm. 11. Este Boletín recolle os datos estatísticos sobre a negociación colectiva a 15 de decembro de 2011.

Coa publicación destes Boletíns periódicos que se constitúen como datos máis inmediatos, atinados e obxectivos e dun gran valor técnico se completa a información sobre negociación colectiva que anualmente publica o Consello.

A creación e posta en marcha destes Boletíns foi acordada polo Observatorio de Negociación Colectiva, que ten entre as súas funcións o estudo e impulso da negociación colectiva, así como a elaboración de propostas de mellora desta.

Coa súa publicación o Consello Galego de Relacións Laborais pretende que en Galicia podamos dispoñer dun instrumento de información áxil e próximo da nosa realidade negocial.