Ir o contido principal



Este é o Portal de desenvolvemento do Consello Gallego de Relacións laborais

Balance de datos da negociación colectiva galega no ano 2013

Continuando co labor de difusión da información sobre negociación colectiva, o Consello Galego de Relacións Laborais vén de publicar o Boletín de negociación colectiva núm. 20, cun balance global dos datos correspondentes ao ano 2013

A creación e posta en marcha destes Boletíns foi acordada polo Observatorio de Negociación Colectiva, que ten entre as súas funcións o estudo e impulso da negociación colectiva, así como a elaboración de propostas de mellora desta. Coa súa publicación o Consello Galego de Relacións Laborais pretende que en Galicia podamos dispoñer dun instrumento de información áxil e próximo da nosa realidade negocial.

Estes boletíns periódicos que se constitúen como datos máis inmediatos, atinados e obxectivos e dun gran valor técnico, completan a información sobre negociación colectiva que publica anualmente o Consello.