Ao remate do ano 2009, o AGA acadou un máximo histórico de intervencións dende que se instaurou no ano 1992, tendo entrada un total de 69 expedientes no servizo de solución de Conflitos do Consello Galego de Relacións Laborais.
Asemade, este máximo histórico plasmouse tamén no número de empresas afectadas polos citados expedientes, que superaron as 9.000, e no total de traballadores afectados por tales intervencións, cuxo número superou os 92.000. Das actuacións de mediación efectivamente levadas a cabo, e tendo en conta que falamos de datos provisionais, por estar abertos 7 expedientes, máis dun 82 % acadaron un resultado positivo de acordo ou laudo arbitral, véndose beneficiados un total de 8.631 empresas y 61.763 traballadores.
Estes resultados manteñen a tendencia ó alza nas intervencións do AGA, tanto en número de expedientes como de empresas e traballadores afectados, feito que ven a constatar as bondades dun procedemento no que, na meirande parte dos casos, prima a autocomposición e a autonomía da vontade das partes á hora de atopar espazos de diálogo e entendemento e de acadar acordos; sempre, claro está, coa axuda e presenza dos mediadores/as designados en cada procedemento.